Unha campaña en internet pide firmas de apoio a Isaac Díaz Pardo ante a decisión do Consello de Sargadelos de destituílo

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 28 junio 2006 19:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA 28 Jun. (EUROPA PRESS) -

Unha campaña en internet, a través da web FirmasOnline.com, pide sinaturas de apoio ao intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, despois de coñecerse a decisión do Consello de Administración de Cerámicas de Sargadelos de destituílo. A xunta de accionistas de Sargadelos celebrou este martes unha asamblea de accionistas que acordou a saída de Isaac Díaz Pardo e dos seus fillos Camilo e Xosé Díaz, deica agora administradores do grupo empresarial. O Consello de Administración prevé que a vindeira semana se coñeza o nome do novo presidente do grupo.

Os accionistas argumentan a necesidade de adaptar a empresa aos novos tempos e denuncian que Díaz Pardo négase a dialogar ao respecto. Pola súa banda, o intelectual galeguista acúsaos de deslealdade e de querer rachar cos principios fundacionais da empresa. Hai uns anos Díaz Pardo --que na actualidade ten 86 anos-- deixou xa de ter o control sobre o proxecto que axudara a fundar, na actualidade constituído por unha ducia de sociedades.

Ante este feito, na web FirmasOnline.com aparece unha campaña dirixisa "A todo o Pobo galego" e na que se pode ler: "As Cerámicas do Castro e Sargadelos, un referente fundamental da nosa cultura e identidade do noso pobo atópase, en perigo".

Nun breve texto, alúdese a que "a alma mater, o seu fundador, a sua identidade e o noso intelectual xa non está ó frente deste complexo polo desexo capitalista de algúns indocumentados". Asemade, apélase a todos os galegos para "impedir esa xubilación" e propoñen a recollida de firmas para esixir a volta de Díaz Pardo ao frente do Grupo Sargadelos.

Contenido patrocinado