Unha ofrenda floral no cemiterio de Santiago servirá mañá de homenaxe a Valle-Inclán no 70 aniversario da súa morte

Actualizado: miércoles, 4 enero 2006 12:28

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Ene. (EUROPA PRESS) -

Una ofrenda floral no Cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, servirá mañá de sinxela homenaxe a Valle-Inclán no día no que se cumpre o 70 aniversario da súa morte, segundo a información á que tivo acceso Europa Press por parte da Fundación Valle-Inclán.

O 5 de xaneiro de 1936, hai agora 70 anos, morreu en Santiago de Compostela unha das máis grandes figuras da literatura universal: don Ramón María del Valle-Inclán. Mañá un acto, que terá lugar ás 12.00 horas, representantes de máis dunha ducia de entidades culturais e institucionais participarán nunha ofrenda floral no seu sepulcro no cemiterio de Boisaca.

Ramón María del Valle-Inclán naceu en Vilanova de Arousa (Pontevedra) en 1866 e, tras estudiar Dereito en Santiago e vivir un breve periodo de tempo en Madrid, viaxou a México e a Cuba. Logo voltou a Galicia, para no 1893 instarlarse en Pontevedra, donde tres anos máis tarde publicou o seu primeiro libro 'Feminas'.

En 1886 viaxa a Madrid, cidade na que desenvolvou a súa principal e prolixa actividade como escritor, xornalista e intelectual. Tras viaxar por Sudamérica a partir de 1910, regresou no 1925 á capital española, onde permanece ata 1933, cando vai a Roma para dirixir a Escola de Belas Artes.

Valle-Inclán voltou en marzo de 1935 a Santiago de Compostela para pasar os seus derradeiros meses de vida "entre a admiración e o cariño dos seus paisanos e o seu enterro constituiu unha impresionante manifestación de dor dos máis diversos estamentos e sectores da cidadanía", sinalou a Fundación que leva o seu nome. Tras unha vida intensa desde o punto de vista biográfico e literario, morre o 5 de xaneiro de 1936, á idade de 69 anos.

Mañá, setenta anos despois, a Fundación Valle-Inclán, con sede na capital gallega, quere "expresar unha vez máis a súa admiración pola súa figura convocando a entidades culturais, organismos e institucións galegas a acompañarnos nunha sinxela homenaxe no cemiterio compostelán de Boisaca".

Á ofrenda floral no seu sepulcro teñen confirmada a asistencia membros do Consello da Cultura Galega, das deputacións de Pontevedra e de A Coruña, do Concello da Pobra do Caramiñal; das fundacións Valle-Inclán, Carlos Casares, Castelao e Wenceslao Fernández Flórez; da Casa-Museo O Cuadrante de Vilanova de Arousa; do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal; do Clube Cultural Valle-Inclán de Lugo; da Asociación Amigos de Valle-Inclán de Vilanova de Arousa e da Asociación de Amigos do Museo Valle-Inclán, da Pobra; entre outros.