A CORUÑA 4 Feb. (EUROPA PRESS) -
A Facultade de Informática da Universidade de A Coruña comenzará o vindeiro xoves, día 9, un curso sobre a historia do cine, no que se analizará o período das vangardas a través de varias películas.
David Castro de Paz, coordinador da Aula de Cinema e Imaxe da Universidade da Coruña, será o encargado de impartir o curso que se desenvolverá en horario de tarde e terá unha duración de vinte horas.
Os interesados en apuntarse nesta iniciativa poden facelo por teléfono, no 981 16 70 00, ou a través do correo electrónico aulacine@udc.es . O prezo de inscrición é de 30 euros, e están solicitados créditos de libre configuración.