AMP.- Sanidade lamenta que o ministerio acudise "sen nada novo" e di que manterá o diálogo se retira o recurso

pastillas, fármacos, píldoras
BASTET78/WIKIMEDIA COMMONS
Actualizado: miércoles, 9 marzo 2011 19:08

Lamenta que pidan que Galicia renuncie á súa lei cando Sanidad avogaba por buscar novas fórmulas para axustala ao marco estatal

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Sanidade lamentou que o equipo de asesores xurídicos do Ministerio de Sanidad desprazado este mércores a Galicia acudise "sen nada novo" e non fixera "nin unha soa proposta", polo que lle transmitiu que manterá a vontade de diálogo "sempre que se retire o recurso" presentado ante o Tribunal Constitucional (TC) contra a lei galega pola que foi creado o catálogo galego, que está suspendido de xeito preventivo.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade, o encontro, mantido en Santiago durante un par de horas este mércores, "non contou con ningunha proposta" nova por parte dos representantes do ministerio, que volveron pedir á Xunta que modifique os catro primeiros artigos da lei pola que se crea o catálogo de medicamentos.

Ademais, os representantes do ministerio transmitíronlle á Administración galega que para o ministerio o aforro no Sistema Nacional de Saúde "é suficiente" e, ao ser preguntados sobre se había algunha proposta de negociación "dixeron que non", recalcaron as mesmas fontes consultadas.

Tamén os representantes da Consellería de Sanidade presentes na reunión, na que participado asesores xurídicos da Xunta e do ministerio, solicitaron saber se había información de novas medidas de contención do gasto diferentes ás adoptadas en Galicia e, segundo lamentou a Administración galega, non lles trasladaron información ao respecto.

Non obstante, os representantes do ministerio, segundo fontes de Sanidade, si lles comentaron a "preocupación" de Sanidade por resultados de medidas como o catálogo de medicamentos no sector farmacéutico.

PROPOSTA DE GALICIA

Deste modo, as fontes da consellería consultadas por Europa Press recalcaron que os representantes do ministerio "entenden" que non é unha cuestión xurídica senón "política", polo que Sanidade fixo a súa proposta ao Executivo central.

Así, a Xunta pediu aos asesores xurídicos desprazados dende Madrid que trasladen os responsables políticos" do Ministerio de Sanidade a súa proposta de que "Galicia está en disposición de manter o diálogo e a negociación para chegar a un acordo sempre que se retire o recurso".

"Insisten en que Galicia renuncie aos artigos clave da lei", precisaron as fontes da consellería, que puntualizaron que o ministerio non formulou nada novo malia que o martes o seu titular, Leire Pajín, explicara que os asesores acudían a Galicia para buscar novas fórmulas para axustar á lexislación estatal a lei autonómica de uso racional de medicamentos, pola que se creou o catálogo de fármacos priorizado.