A CORUÑA 6 Jun. (EUROPA PRESS) -
María Vieites, número dous da candidatura do PP de Oleiros (A Coruña) nas eleccións municipais do 22 de maio, renunciou á súa acta de concelleira polo que Óscar Maceiras, número oito da lista, entrará a formar parte do novo grupo popular, segundo informa esta formación.
Nun comunicado, o PP de Oleiros explica que Vieites comunicou á Xunta Electoral a renuncia ao cargo, "por razóns persoais e familiares", sinala esta formación, que engade que seguirá vinculada ao PP como presidenta da agrupación local neste municipio.
María Vieites forma parte do PP e da política municipal en Oleiros dende 1987, como membro da corporación municipal, coa excepción da lexislatura de 1999 a 2003.