Paralizados os traslados ao novo hospital de Vigo

Actualizado: viernes, 28 agosto 2015 12:13

VIGO, 28 Ago. (EUROPA PRESS) -

O traslado de pacientes e profesionais ao hospital vigués Álvaro Cunqueiro quedou paralizado este venres, no que estaba previsto trasladar a 36 pacientes de Medicina Interna (algúns ao novo centro e outros iríran do Xeral ao Meixoeiro), segundo confirmaron fontes sindicais a Europa Press.

Os representantes dos traballadores están reunidos en asemblea para abordar esta nova situación, da que se decataron porque "mandos intermedios están a avisar os equipos" de que non se trasladarán, segundo sinalou Ángel Cameselle (CC.OO.), presidente da Xunta de Persoal.

Sobre os motivos que hai detrás desta paralización, os sindicatos denunciaron que o xerente da EOXI, Félix Rubial, "aínda non deu unha explicación". "Estámoslle reclamando á xerencia que informe de xeito inmediato e urxente, porque hai moitos rumores", indicou Manuel Moreira, da CIG.

Cameselle sinalou que, ademais dos pacientes e traballadores de Medicina Interna, a paralización afecta outros profesionais de servizos de apoio, como UCI, ou mesmo persoal de cociña.

"Non sabemos a que se debe, hai rumores de que podería haber un problema de bioseguridad", indicou, aínda que non concretou máis, a falta de que a dirección do Chuvi ofreza información, aínda que recordou que os sindicatos xa alertaran de que o traslado non se estaba a facer nas mellores condicións de seguridade, e que "non se pode facer un traslado a un centro que aínda ten obras".