As empresas poderán presentar os seus avais ante a Xunta de xeito telemático para gañar en eficacia e eficiencia

Actualizado: miércoles, 2 julio 2008 15:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Jul. (EUROPA PRESS) -

As empresas galegas poderán presentar os seus avais ante a Xunta de xeito telemático grazas a un acordo subscrito entre o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, e os presidente das sociedades de garantías recíproca Afigal e Sogarpo, Antonio Fontenla e Bernardo Posada, respectivamente.

Na sinatura do convenio, Fernández Antonio subliñou que con esta medida "se avanza" cara á "Administración telemática e a implantación da Sociedade da Información" e gaña "eficacia e eficiencia".

O titular de Economía subliñou a colaboración entre a Xunta e estas sociedades de garantía recíproca, tamén mediante convenios de financiamento, e avanzou que "proximamente se subscribirá outro acordo para fortalecer os fondos propios" de Afigal e Sogarpo.

En virtude deste, o departamento autonómico achegará 6 millóns de euros, repartidos a partes iguais para que estas sociedades poidan aumentar a súa actividade de afianzamento das pymes. Fernández Antonio calcula que "o efectos multiplicador de 1 a 5" permitirá que esta medida teña unha repercusión "de 30 millóns de euros".

Pola súa banda, tanto Antonio Fontenla como Bernardo Posada subliñaron "as facilidades" que achegará a vía telemática para os trámites de avais e celebraron o anuncio de conselleiro da achega de capital para fortalecer os seus fondos propios.