A empresa Tecnocom converterá en voz en galego e en castelán a web do Servizo Galego de Saúde

Actualizado: viernes, 20 marzo 2009 20:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Mar. (EUROPA PRESS) -

A empresa Tecnocom asinou un contrato co Servizo Galego de Saúde para levar a cabo a implantación dun novo sistema de conversión de voz en galego e en castelán que será aplicado aos textos da páxina web do departamento autonómico.

Segundo informou Tecnocom, este novo sistema permitirá a coexistencia de dous sistemas, voz e texto, dentro dun mesmo sistema, Internet, que facilite os contidos a unha parte importante dos cidadáns con algún grao de minusvalía visual.

A solución adoptada por esta empresa baséase nun 'display' de conversión de voz para contidos textuais que permite a parametrización e baséase nun produto do fabricante Voxweb.