Investigadores da Universidade da Coruña (UDC) deseñarán un vehículo de baixo custo para SEAT

Actualizado: viernes, 12 marzo 2010 19:58

A CORUÑA, 12 Mar. (EUROPA PRESS) -

Un equipo de 14 investigadores da Escola Universitaria de Deseño Industrial da Universidade da Coruña (UDC) deseñarán e desenvolverán novos conceptos de propostas automotoras para un vehículo de baixo custo para a empresa automobilística SEAT, segundo informou hoxe a Universidade da Coruña.

En concreto, trátase dun proxecto no que poderán participar os alumnos do proxecto de fin de carreira da Escola de Deseño Industrial do campus universitario de Ferrol.

Segundo a UDC, é o primeiro acordo de colaboración académica entre a marca española e a institución coruñesa despois de que o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, o director da Escola Universitaria de Deseño Industrial e do equipo investigador, José Ramón Méndez, asinarán un convenio, no Centro de Deseño SEAT de Martorell, con representantes da empresa.

A metodoloxía que deberán seguir os investigadores da UDC materializarase en dúas fases, unha de análise e outra de desenvolvemento. O convenio inclúe, ademais, a organización de conferencias de técnicos de SEAT no campus de Ferrol.

Os alumnos participantes na proposta presentarán as súas ideas na primeira ou segunda semana do m é de xullo deste ano en SEAT e o Centro de Deseño da empresa automobilística premiará dous alumnos que realicen as mellores propostas cunhas prácticas profesionais.