Máis de 400 empresas de telecomunicacións colaborarán para impulsar "un gran clúster" das TIC galegas

A asociación Asimelec-Galicia pretende converterse "no grande interlocutor" do sector e converterse nunha "forza"

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 28 julio 2009 16:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Jul. (EUROPA PRESS) -

O consello galego da Asociación multisectorial de empresas de tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica (Asimelec), que aglutina a máis de 400 empresas do sector en Galicia, impulsará a creación dun "grande clúster das tecnoloxías" e potenciará "a creación de novas empresas", que considerou como "unha falta" en Galicia.

O novo presidente do consello territorial de Asimelec-Galicia -- aglutina os socios de Asimelec, Agestic e Ageinte-Fenitel--, José Ramón García González, incidiu na necesidade de que a asociación "aglutine a este sector" e que se converta "nun grande interlocutor, que teña forza no ámbito autonómico".

"É necesario trasladar a toda a xente moza esta idea, que teñen neste sector unha grande oportunidade de emprender", sinalou García González. Así mesmo, explicou que é "necesario demostrar" que en Galicia existen "provedores" desta tecnoloxía e "empresas con capacidade de crecemento nos próximos anos".

Pola súa parte, o responsable de Agestic, José María López Bourio, aclarou que "é o sector o que ten que dar o paso" á consecución dese Clúster TIC e "sumar a empresas", e que o papel da Administración galega "é de impulsar, non de intervir".

"Debe esgrimir --a Xunta-- unha serie de políticas moi necesarias, en canto a que --as TIC-- é o sector do futuro, pero é que iso xa o eramos dende hai anos", lamentou.

Por iso, incidiu na importancia de "estimular a demanda" das empresas para "xerar" máis mercado a este sector na Comunidade Autónoma.

POTENCIALIDADE DE CRECEMENTO

Nesta liña, López Bourio destacou a "potencialidade de crecemento" do sector en Galicia, mediante a progresiva implantación da e-Administración --administración electrónica, con procesos telemáticos-- e a necesidade de incrementade a "conectividade" entre territorios, "sobre todo no mundo rural". "Non se pode permitir que aínda existan tantos problemas de conexión, mesmo de rede de móbiles ou de rede Wimax", criticou.

Deste xeito, considerou que o "terceiro aspecto" para o futuro das TIC galegas é que "as empresas de software necesitan mercado" e que este se atopa nas "micro PYMES e autónomos de Galicia", xa que "máis do 50 por cento" non implantaron a tecnoloxía das TIC.

Para iso, o responsable de Asimelec en Galicia admitiu que unha tarefa pendente neste sector é "a imaxe que se dá dende Galicia", xa que "a sensación é que dende aquí non se fai" mentres que "hai moitísimos profesionais preparados".

Finalmente, o presidente de Asimelec a nivel nacional, Martín Pérez Sánchez, avogou "polo desenvolvemento da sociedade da información" para "cambiar o modelo económico" e "crear sinerxías co resto de sectores".

Contenido patrocinado