Unha empresa de Pontevedra avanza nunha técnica de impresión que permite ao cliente personalizar os cristais

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 15 febrero 2010 13:37

PONTEVEDRA 15 Feb. (EUROPA PRESS) -

A empresa Cristal Pontevedresa desenvolveu un técnica innovadora técnica do PVB --unión de dous ou máis pezas de cristal mediante o uso e aplicación do polivinil butiral (PVB)-- baseándose na xeración de calor e presión, que permite personalizar o vidro laminado. Co sistema ideado, pódese adaptar calquera aplicación de vidro laminado Lamidur coa imaxe ou motivo decorativo elixido polo cliente.

Este supón un grande avance co que se abren "infinitas posibilidades" na personalización do vidro laminado --indicou a empresa, de 50 anos--, posto que permite a posibilidade de imprimir o PVB que fai posible a laminación do vidro con calquera imaxe ou motivo decorativo elixido polo cliente para biombos, portas corredizas, paredes, chans, escaleiras ou mobiliario de interiores.

"Esta innovación é o resultado de varios anos de traballo, nos que investigamos como poderiamos imprimir directamente, sobre o PVB calquera deseño elixido polo cliente", destaca a empresa, que subliña que, coa técnica do PVB impreso, se pode facer "moito máis versátil" a gama de vidro laminado Lamidur, ao facer posible o seu uso en zonas cunha humidade importante", tal e como explicou o director xeneral do ente, Francisco Barbeito.

Coa técnica do PVB impreso, amplíanse as posibilidades en deseño e decoración de Lamidur, vidro laminado de última xeración. Grazas aos avances tecnolóxicos que integra, Lamidur ofrece altas prestacións en seguridade, deseño e eficiencia enerxética, de maneira que ao ser un vidro laminado, evita o desprendemento de anacos de cristal en caso de rotura e pode ser temperado, o que lle confire unha resistencia ao impacto ata seis veces superior ao vidro sen tratar.

As posibilidades en interiorismo son infinitas, xa que se poden crear composicións personalizadas, aplicando máis de 1.000 cores en acabados opacos, transparentes e translúcidos. Ademais, permite incluír entre as láminas de vidro practicamente calquera tipo de material, como láminas metálicas, fibra de vidro, papel, fotografías, tecidos como a seda ou o papiro, vexetais ou gravados.

Contenido patrocinado