SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Sep. (EUROPA PRESS) -
A Consellería de Innovación e Industria organiza un curso "básico" para a xerencia de Centros Comerciais abertos (CCA), unha acción formativa que pretende ter continuidade nos próximos anos e que busca dotar a estes centros comerciais de xerencias cada vez máis personalizadas para mellorar a actividade diaria.
Durante os cursos impartirase unha formación especializada ao traballo concreto que as unidades xerenciais desenvolven nos CCA existentes en Galicia, tendo en conta a realidade socioeconómica do sector do comercio tradicional na comunidade galega.
Esta actividade está destinada principalmente a xerentes de CCA, técnicos de comercio das administracións locais e autonómica, técnicos das Cámaras de Comercio, persoal de asociacións e federacións de comerciante e licenciados con experiencia profesional relacionada co sector comercial.
O curso, de carácter gratuíto e presencial, impartirase en catro xornadas entre o próximo 30 de setembro e o 11 de outubro no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela (A Coruña).