O 061 atendeu a 78 persoas por 57 accidentes a fin de semana, das que unha morreu

Ambulancia do 061
061-GALICIA - Archivo
Actualizado: lunes, 18 febrero 2019 11:16

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 78 persoas debido a 57 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana na rede viaria da Comunidade galega, das que unha morreu.

   Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 15 de febreiro e as 23,59 horas do domingo 17 un total de 67 chamadas en relación con sinistros de circulación.

   Os recursos sanitarios mobilizados ascenderon a 66. En concreto, as ambulancias realizaron 64 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias prestaron asistencia en dous sinistros.

   En 64 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en 13 ocasións recibiron atención no lugar do incidente e unha persona resultou falecida no punto.

   A proporción de homes atendida situouse no 61 por cento, mentres que a de mulleres reduciuse ao 39%. En canto ás idades dos feridos, o 34% dos atendido tiña entre os 20 e 34 anos.

   A Coruña, con 22 sinistros, foi a provincia que rexistrou máis accidentes de tráfico durante os desprazamentos da fin de semana; seguida de Pontevedra, con 19; Lugo, con 12; e Ourense, con catro.