O secretario do PP de Lugo insta a G. Caballero a explicar os motivos polos que a Deputación necesita un cambio
PEPE SEIJO-EUROPA PRESS
Publicado: lunes, 17 junio 2019 12:43

   LUGO, 17 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O até agora portavoz do goberno da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, anunciou este luns a súa dimisión como secretario provincial do PSOE, unha decisión que achacou a "cuestións políticas".

   Nunha comparecencia ante os medios, o que era secretario provincial do PSOE en Lugo desde decembro de 2017 reivindicou que "sempre" actuou con "lealdade, compromiso e traballo".

   Álvaro Santos tivo nos últimos tempos desavinzas coa dirección autonómica do PSOE ao manter o seu apoio a que Darío Campos continúe como presidente da Deputación de Lugo, fronte aos que apoian para o posto ao alcalde de Monforte, José Tomé.

   Na súa comparecencia deste luns, Santos recoñeceu que "non hai boas relacións coa dirección galega". Ademais, o pasado venres pedira publicamente ao líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, que explicase os motivos polos que cre que a deputación necesita un cambio de "rumbo".