Controlado o incendio que afecta a unha nave de residuos en Mazoi (Lugo)

Incendio forestal 112 Galicia
112 GALICIA
Actualizado: martes, 16 abril 2024 16:51

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Abr. (EUROPA PRESS) -

   O incendio orixinado este martes no lugar de Cacabelos, en Mazoi (Lugo) e que arrasa nestes momentos unha nave de residuos, xa se deu por controlado. O lume provocou unha rechamante columna de fume.

   Segundo informou o 112, os bombeiros de Lugo traballan agora mesmo na zona para apagar o lume e, sobre todo, evitar que se propague aos arredores, aínda que non hai vivendas preto.

   Ademais, mobilizouse tamén aos bombeiros do distrito forestal, xa que ao redor das naves hai zona de monte. Tamén se desprazaron a Policía Local e a Policía Nacional e hase prealertado a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Contador