Arrincan de madrugada a estatua do Loro Ravachol de Pontevedra, que aparece pola mañá a 50 metros

Arrancan la estatua del Loro Ravachol en Pontevedra
POLICÍA LOCAL
Actualizado: domingo, 9 diciembre 2018 19:14

   PONTEVEDRA, 9 Dic. (EUROPA PRESS) -

   A estatua do Loro Ravachol da Praza da Peregrina de Pontevedra foi arrincada da base durante a madrugada deste domingo. Pola mañá, a Policía Local atopouna depositada xunto á igrexa, a 50 metros da súa localización habitual.

   Segundo informan fontes do corpo a Europa Press, aínda non se sabe "nada" do que puido ocorrer, aínda que "aparenta ser un acto vandálico". En todo caso, recorrerán ás cámaras de vixilancia próximas ao lugar para pescudar "que pasou exactamente".

   A Praza da Peregrina amenceu este domingo sen a estatua do Loro Ravachol, icona das celebracións do Entroido en Pontevedra, que supostamente foi rota "pola base". Seguidamente, axentes da Policía Local emprenderon a súa procura polas inmediacións.

   Máis tarde das 8,00 da mañá, a peza foi atopada "enteira" e "en bo estado" xunto á igrexa da Peregrina. Fontes policiais cren que "alguén tivo que tirala", posto que "apareceu ben colocada" e "non no medio da rúa nin esnaquizada".