Incidencias por las lluvias en el municipio de Monterrei (Ourense).
CEDIDA
Actualizado: martes, 9 julio 2019 9:20

   OURENSE, 9 Jul. (EUROPA PRESS) -

   As choivas rexistradas na tarde-noite deste luns na provincia de Ourense, que tiña alerta laranxa por tormentas e precipitacións na zona de montaña, deixaron até 65,2 litros por metro cadrado no municipio de Laza.

   Segundo os rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, ademais dos 65,2 litros por metro cadrado de Laza, as choivas acumularon este luns 37,2 litros en Verín e 29,7 en Riós, todas elas localidades con altitude menor de 900 metros.

   Mentres, en zonas altas --de máis de 900 metros de altitude-- as choivas deixaron 32,7 litros por metro cadrado na Veiga, 24,3 en Vilariño de Conso e 24,2 na Mezquita.

   En canto a incidencias, informou o 112, un home tivo que ser rescatado en Monterrei e unha muller na próxima localidade de Verín debido ás fortes choivas caídas este luns na provincia de Ourense.

   En concreto, un home que se atopaba ferido tivo que ser rescatado en helicóptero após ser arrastrado pola forte tromba de auga caída en Monterrei. Mentres, unha muller que se atopaba encamada tivo que ser evacuada polos servizos de emerxencia despois de que se anegase a súa vivenda en Verín.

Más noticias