As vendas da industria galega seguen á baixa en agosto, aínda que repunta a entrada de pedidos

Fábrica de Ferroatlántica en Cee
REMITIDA - Archivo
Publicado: lunes, 21 octubre 2019 11:02

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Oct. (EUROPA PRESS) -

As vendas de industria galega seguen á baixa en agosto (-0,3%), aínda que a entrada de pedidos creceu un 3,2%, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, a facturación da industria en Galicia ten unha baixada menor que a media española (-3,6%), nun mes con só tres comunidades en cifras positivas (Aragón, Castela e León e Cataluña).

E é que as vendas na Comunidade galega levan sen crecer desde marzo --en xullo situáronse no 0% e os tres meses anteriores en negativo--. Debido ás subidas do arranque do ano, as cifras aínda están en positivo na media de 2019 (+0,2%), similar á media española (+0,3%).

Así mesmo, en agosto a Comunidade ten un mellor comportamento na entrada de pedidos (+3,2%) que a media de autonomías, onde hai un retroceso do 4,5%. De feito, supón o segundo maior incremento, só por detrás de Madrid (+11,7%). En xuño, xullo e agosto tivera datos negativos en Galicia.

Na media do que vai de ano, entre xaneiro e agosto, hai un avance do 14,5% nos pedidos, segunda maior entre comunidades, só por detrás de Castela-A Mancha (+17,5%). A media está no 1,5%.