Aviso amarelo este domingo por fortes ventos na Costa da Morte (A Coruña) e na Mariña (Lugo)

Toda a frota galega permanece amarrada este venres debido á forte ondada e ao mar de fondo que rexistra o litoral de Galicia, en aviso vermello desde A Guarda (Pontevedra) a Estaca de Bares (A Coruña) e en amarelo entre este cabo e Ribadeo (Lugo)
EUROPA PRESS - Archivo
Publicado: sábado, 31 octubre 2020 20:07

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Meteogalicia activou para este domingo o aviso amarelo por fortes ventos no mar da Costa da Morte (A Coruña) e na comarca da Mariña (Lugo).

   En concreto, segundo o boletín de avisos de Meteogalicia, a costa occidental coruñesa recibirá ao longo de toda a xornada ventos de compoñente sur de forza 7.

   Ademais, na comarca lucense da Mariña manterase activado nivel amarelo por segundo día consecutivo ao esperarse refachos intensos que superarán os 80 quilómetros por hora.

   Ambas as alertas estarán vixentes durante todo o domingo e desactivaranse ás 00,00 do luns.