Besteiro (PSdeG) esíxelle á Xunta porse "as pilas" para "non perder oportunidades" en emprego e industria

O secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, na manifestación con motivo do 1 de maio, en Lugo, coa alcaldesa Paula Alvarellos, e o secretario xeral provincial, José Tomei.
PSDEG
Publicado: miércoles, 1 mayo 2024 14:01

LUGO, 1 May. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro, reclamou este mércores ao goberno da Xunta "que se poña as pilas" para que Galicia "non perda oportunidades", especialmente en materia industrial e de emprego.

Así o expresou en declaracións aos medios antes de participar na manifestación convocada por CC.OO. e UXT en Lugo con motivo do 1 de Maio, e recalcou que este día é momento de "reivindicación" e tamén de lembrar os "principios, obxectivos e logros" dos socialistas, entre os que sinalou a mellora do SMI ou a revalorización das pensións.

Gómez Besteiro denunciou que Galicia crece menos que o resto de España, "case un 30 % menos no último ano"; ten unha actividade "seis punto por baixo da media estatal"; e "nos últimos 15 anos perdeu case 70.000 empregos industrial", fronte ao crecemento de 700.000 empregos industriais a nivel nacional.

"Pedimos que non se perdan oportunidades, que se poñan as pilas en materia de emprego e en materia de industria tamén, para conseguir máis traballos e de mellor calidade", proclamou o líder dos socialistas galegos.

Así mesmo, subliñou que este primeiro de maio é momento de reivindicar "a política de igualdade da clase traballadora", para pór fin á brecha salarial que fai que as mulleres gañen case un 20 % menos que os homes por facer o mesmo traballo. "Tamén é o día da igualdade, o día de que Galicia non perda oportunidades", incidiu.

Na mesma liña pronunciouse a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, que se referiu a este 1 de maio como "día de celebración" das políticas sociais e laborais do Goberno de Pedro Sánchez, día de reivindicacións e "tamén día para estar alerta, para que as políticas de dereita e ultradereita non nos coman o terreo e non se dea nin un paso atrás".

Finalmente, o secretario xeral do PSdeG na provincia, José Tomei, explicou que este mércores é un día de "dobre celebración" para os socialistas galegos, pola designación dun novo equipo que levará ao PSdeG "á presidencia da Xunta" e polo "paso adiante" dado por Pedro Sánchez, ao confirmar a súa continuidade como presidente do Goberno, que "vai ser un paso adiante para os dereitos dos traballadores".

Contador