O BNG celebra a "vitoria irresistible" de Syriza e di que "sumará" para que Galicia teña "un proxecto alternativo"

Xavier Vence (BNG)
EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 26 enero 2015 17:49

Ratifica que Manuel García será o candidato en Arzúa e espera que José Luis García siga colaborando co BNG "na posibilidade que el elixa"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Ene. (EUROPA PRESS) -

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, celebrou este luns a "vitoria irresistible" de Syriza e manifestou o seu desexo de que sexa "o primeiro chanzo dun cambio en profundidade" na UE. En Galicia, asegurou que o Bloque "sumará todo o que sexa posible" para que teña "un proxecto alternativo" para saír da crise, pero sen "renunciar" á defensa dos intereses do país.

En rolda de prensa, Vence interpretou o acontecido en Grecia como "un reflexo da resposta do pobo" ás "políticas desastrosas da troika" e da UE, "unha contestación sen paliativos" ao "fracaso" dun modelo que o BNG "critica dende hai moito tempo".

"Estamos contentos e esperanzados de que signifique un xiro para Grecia e un primeiro chanzo dun cambio en profundidade na UE", remarcou Vence, consciente, en todo caso, de que haberá "moitos inimigos e dificultades" para que o devandito "cambio" sexa posible. "Pero o importante é que Grecia deu de forma absolutamente maioritaria unha labazada ás políticas de dereitas e á troika", apostilou.

Para o BNG o acontecido no país heleno resulta "positivo", polo que manifestou que os novos gobernantes teñan "capacidade e valentía" para leva a cabo o programa comprometido durante a campaña electoral, e que os demais países europeos "non torpedeen a vontade do pobo grego".

En Galicia, se reafirmou en que o BNG está disposto a sumar "todo o que sexa posible" para que Galicia teña "un proxecto alternativo" para saír da crise. "Pero non podemos renunciar á defensa dos intereses do país por riba de todo", contrapuxo.

"NON SE XUNTAR POR XUNTARSE"

Preguntado acerca de se, nun escenario marcado polas negociacións para confluír, o Bloque non teme quedar só, replicou que a súa formación ofrece a cidadanía "un proxecto político con historia e con experiencia de xestión" nos municipios nos que goberna. A ela queren incorporar "a maior xente posible".

"Os demais teñen toda a lexitimidade para facer as súas propostas porque o que queremos é que haxa unha resposta contundente fronte a os que destrúen a democracia e conquistas sociais, como o PP", esgrimiu, convencido de que "o ideal" tras as eleccións de maio é que houbese "unha aposta maioritaria" por forzas de "transformación e cambio".

Aínda que precisou que non se trata de "xuntarse por xuntarse", si reiterou a disposición do Bloque a "sumar" sempre que sexa posible achar "puntos de encontro con xente honesta" e proxectos "de transformación clara" fronte ao PP. "Hai disposición ao entendemento, hóuboa no pasado e haberaa no futuro", resolveu.

ARZÚA

Por outra banda, Vence ratificou que Manuel García será o candidato do BNG en Arzúa para as próximas eleccións municipais, conforme "propuxo" a asemblea aberta co pronunciamento dos militantes de base da localidade.

En canto ao actual rexedor, José Luis García, quen anunciou o sábado que non repetiría e atribuíuno a "discrepancias internas" dentro do seu partido, manifestou o seu desexo de que este "siga colaborando co proxecto nacionalista" do BNG no futuro "na posibilidade que el elixa".

"Eliximos a opción cun proxecto de mellora das condicións de vida dos veciños que valorice o traballo feito polos gobernos do BNG. Esperemos que os cidadáns de Arzúa confíen nese proxecto e que teña o papel que desexe desempeñar", resolveu.