O BNG relanzará unha "axenda galega" para reclamar ante as Estado competencias, un financiamento "xusto" e investimentos

O deputado nacionalista Luís Bará durante a rolda de prensa.
PEDRO DAVILA-EUROPA RPESS
Publicado: lunes, 19 agosto 2019 18:13

Lamenta o "drama humano" dos refuxiados e critica as actitudes "frívolas" de Pedro Sánchez que "dá argumentos" ao "fascismo"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Ago. (EUROPA PRESS) -

O deputado do BNG Luís Bará anunciou este luns que, ante o comezo dun novo curso político, os nacionalistas relanzarán unha "axenda galega" centrada en reclamar ante o Estado un novo sistema de financiamento "xusto", transferencias de infraestruturas, investimentos e demandas en materia de memoria histórica.

Así o sinalou Bará nunha rolda de prensa en Santiago, onde lamentou que Galicia "estea ausente" no panorama político estatal e dos partidos e "sucursais" galegas do "PP, PSOE e Podemos".

Na súa comparecencia ante os medios, o deputado nacionalista manifestou a súa "indignación" ante o "bloqueo e parálise" da política española, e criticou a "grave irresponsabilidade" de todos os partidos por esta situación que, ao seu xuízo, "prexudica a Galicia".

Para Bará, os partidos estatais están a converter a política nun "taboleiro de xogo" con intereses electoralistas. Así, lamentou as declaracións realizadas por membros de partidos políticos sobre o "drama humano" das persoas refuxiadas.

Desde o Bloque quixeron manifestar o seu "rexeitamento" a todo este tipo de pronunciamientos de diligentes políticos de dereitas en España e do resto de Europa. "Isto non é unha partida de mus", lamentou, polo que criticou tamén as actitudes "frívolas" do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, que "non está á altura" e mesmo "parece que fai seguidismo" e que lle "dá argumentos ao fascismo europeo personificado por Salvini".

AXENDA GALEGA

O deputado avanzou que esta axenda galega que defenderá o BNG no novo curso político priorizará, entre outros, un novo sistema de financiamento "máis xusto" con Galicia; investimentos e infraestruturas ante o "apagamento investidor", polo que a Comunidade "debe ser compensada", ao seu xuízo, con 2.500 millóns de euros.

Tamén os nacionalistas pedirán unha tarifa eléctrica galega e unha tarifa para a industria electrointensiva, así como as transferencias pendentes como foi acordado no Parlamento de Galcia.

A anulación da prórroga de ENCE, as demandas en materia de memoria histórica coa devolución dos bens "roubados" pola familia Franco, así como a derrogación da lei mordaza e da reforma laboral tamén estarán nesta axenda.