O BNG suxire que detrás da "deserción" da alcaldesa da Bola están Baltar e a Deputación de Ourense

Vence en rueda de prensa tras el desayuno informativo del Colexio de Xornalistas
EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 19 noviembre 2014 17:51

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Nov. (EUROPA PRESS) -

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, suxeriu que detrás do que acusou de "deserción" da alcaldesa da Bola, Teresa Barge, está o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a institución.

En rolda de prensa tras un almorzo informativo organizado polo Colexio de Xornalistas, o líder nacionalista manifestou que o BNG "respecta as opcións que poida tomar calquera persoa", pero dixo, a liña seguida, advertiu de que "o señor Baltar está a facer nos últimos tempos operacións de fichaxe de alcaldes, como o dos Blancos ou o exalcalde da Mesquita"

Este conetexto, agregou, "o único que os fai recordar é que a provincia de Ourense segue sendo unha provincia que parece un reino independente onde a Deputación constitúe a peza clave que move todos os fíos". "E parece que non pode moverse nada en Ourense se non é baixo a supervisión e control da Deputación", agregou.

Polo de máis, manifestou a súa "decepción por esta deserción dunha alcaldesa", as razóns da cal, considerou, "non están demasiado claras" e "explicitadas".