Buscan a un home de 69 anos enfermo de alzehimer que desapareceu en Verea (Ourense)

Publicado: jueves, 18 julio 2019 10:09

   OURENSE, 18 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Un dispositivo de procura trata de atopar a un home de 69 anos enfermo de alzehimer que falta do seu domicilio, situado na parroquia de Cardeu, en Verea (Ourense).

   Segundo explicou a Europa Press a Garda Civil, o home, Manuel Cid Santás, desapareceu sobre as 19,00 horas da tarde do mércores.

   Aínda que a familia aínda non formalizou a denuncia, ao tratarse dunha persona enferma de alzehimer, o instituto armado dá prioridade á súa procura, na que tamén participan veciños e efectivos de Protección Civil.

   Polo momento, os labores céntranse nas inmediacións do domicilio do home, pero prevese que a zona de procura se vaia ampliando paulatinamente.