Caballero (PSdeG) sobre a sentenza da Gürtel: "É unha labazada terrible a un PP caracterizado pola corrupción"

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en Vigo
EUROPA PRESS
Actualizado: jueves, 24 mayo 2018 14:45

VIGO, 24 May. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou a sentenza da trama Gürtel, que converte ao PP no primeiro partido político en democracia condenado por corrupción, "unha labazada terrible a un Partido Popular que se está acrecentando como un partido caracterizado pola corrupción".

Trasladouno durante unha visita a Navalia, en Vigo, onde remarcou que esta resolución mostra "con claridade o nivel de corrupción do Partido Popular, convertendo ao PP nun partido á marxe do que é unha democracia avanzada nos niveis de exeplaridade de cumprimento das normas".

A colación diso, manifestou que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, "non pode seguir de costas, obviando o nivel de corrupción que está a alagar" ao partido que lidera. "Fronte a esa liña temos que reclamar ejemplaridad e maior limpeza dos cargos públicos", remachou.

A Audiencia Nacional condenou ao 'xefe' da trama Gürtel, Francisco Correa, a 51 e 11 meses anos de prisión, ao extesorero do PP Luís Bárcenas a 33 anos e 4 meses ademais de 44 millóns de euros de multa e ao PP a pagar unha multa de 245.000 euros como partícipe a título lucrativo pola súa implicación nos primeiros anos de actividades da trama.