G. Caballero ve "unha proba de lume" para Rivera e Feijóo as negociacións na Deputación de Ourense

AV.-G. Caballero ve "unha proba de lume" para Rivera e Feijóo as negociacións na Deputación de Ourense
EUROPA PRESS
Publicado: sábado, 8 junio 2019 13:54

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O secretario xeral de PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, instou ao líder de Ciudadanos, Albert Rivera, e ao presidente da Xunta e dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, a que teñan "altura de miras" nas negociacións para a configuración de goberno na Deputación de Ourense e favorezan "o fin da empresa familiar dos Baltar".

   Así o indicou Caballero durante a súa intervención ante o comité nacional do PSdeG, reunido na mañá deste sábado nun hotel da capital de Galicia por primeira vez desde o fin do ciclo electoral aberto coas xerais e clausurado un mes máis tarde coas municipais e europeas.

   "Xogámonos en Ourense elixir o caciquismo e o nepotismo, ou a rexeneración e o futuro", subliñou o líder dos socialistas galegos, que cre que Feijóo e Rivera teñen ante si unha "proba de lume" sobre o seu compromiso "coa limpeza e rexeneración das institucións" ante situación aberta no goberno provincial ourensán após a perda da maioría absoluta por parte do PP de José Manuel Baltar.

   O comité de dirección do PSdeG-PSOE aprobou unha resolución na que ratifican o seu compromiso de contribuír á articulación de "gobernos progresistas" nos municipios galegos onde sexa posible. Os socialistas lograron 66 maiorías absolutas nas eleccións municipais do pasado 26 de maio e están en disposición de gobernar seis das sete cidades galegas.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)