OURENSE, 18 Dic. (EUROPA PRESS) -
A caída dunha árbore sobre a catenaria no punto quilométrico 38.800 da liña ferroviaria afectou ao tramo entre Ourense e Coles con atrasos en tres trens de Renfe.
Segundo informaron fontes de Renfe a Europa Press, ás 8,05 horas deste martes suspendeuse o tráfico ferroviario pola caída dunha árbore sobre a catenaria no tramo entre Ourense e a estación de Barra de Miño (Coles).
En concreto, resultaron afectados un tren hotel procedente de Barcelona con destino Vigo, cun atraso de 50 minutos; outro de Vigo a Ponferrada con 55 minutos de atraso; e o Alvia A Coruña-Barcelona con 45 minutos de atraso.
As mesmas fontes de Renfe explicaron que o tráfico ferroviario quedou restablecido nesa zona ás 9,50 horas deste martes após liquidarse a incidencia.
Este martes está activada a alerta por vento forte en Galicia, con refachos superiores aos 70-80 quilómetros por hora na montaña de Ourense, así como noutros puntos da Comunidade galega.