Catro feridos en Vilanova (Pontevedra) ao chocar o vehículo no que viaxaban contra unha árbore caída na estrada

Actualizado: viernes, 23 marzo 2018 19:54

PONTEVEDRA, 23 Mar. (EUROPA PRESS) -

Catro persoas resultaron feridas na tarde deste venres en Vilanova de Arousa (Pontevedra) ao chocar o vehículo no que circulaban contra unha árbore caída na estrada.

O accidente ocorreu na PO-531, concretamente no punto quilométrico 18,500, ao fío das 18,10 horas. O 112 Galicia recibiu a alerta do sinistro a través do 061.

A continuación, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia deu o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, aos Bombeiros de Vilagarcía e ao servizo de mantemento da estrada.