Un condutor sáese da estrada e chócase contra a mediana en Toén (Ourense)

Accidente en Toén (Ourense)
GUARDIA CIVIL DE OURENSE
Publicado: jueves, 28 marzo 2024 17:33

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Mar. (EUROPA PRESS) -

   Un condutor saíuse da vía e chocou contra a mediana no PKm 231 da A-52 (Benavente-Porriño), calzada do sentido O Porriño e no termo municipal de Toén (Ourense).

   O sucesdo tivo lugar ás 12.50 horas deste xoves e a Garda Civil de Tráfico do Subsector de Ourense investiga as causas do sucedido cun Peugeot modelo 208. O condutor e único ocupante resultou ileso.

    Como consecuencia do impacto, o vehículo saíu proxectado cara ao centro a plataforma cortando completamente o carril dereito, polo que foi necesario canalizar o fluxo circulatorio cara ao esquerdo e sinalizar a cola da retención, debido á gran intensidade de vehículos.

   Para atender este sinistro mobilizáronse dúas patrullas de motoristas da Garda Civil de Tráfico, un equipo de conservación e mantemento da estrada e un guindastre da asistencia da aseguradora.