Decretada corentena para dúas aulas de senllas gardarías de Negreira e Vigo tras un positivo en cada

Publicado: miércoles, 16 septiembre 2020 11:03

   SANTIAGO/VIGO, 16 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Dous casos positivos por coronavirus COVID-19 en senllas gardarías das localidades de Negreira (A Coruña) e Vigo levaron a decretar corentena para unha aula en cada centro.

   Por unha banda, un positivo por COVID-19 puxo en corentena a unha clase dunha gardaría do municipio coruñés de Negreira de nenos de dous e tres anos, confirmaron a Europa Press fontes municipais.

   O alcalde do municipio de Negreira, Manuel Ángel Leis, asegurou que as coidadoras desta gardaría sometidas ás probas deron resultado negativo.

   En Vigo, segundo confirmou a Consellería de Política Social, decretouse corentena para unha aula da Escola Infantil Lacaba, na Avenida de Europa, despois de detectarse o caso positivo dunha menor do grupo de 2-3 anos.

   Tal e como se establece no protocolo de seguridade sanitaria, púxose en corentena a todos os nenos desa aula (11 menores) e á súa profesora, á espera dos resultados das probas PCR que se lles realizarán nas próximas horas. No caso de que os resultados do test sexan negativos, apuntaron fontes de Política Social, os nenos poderán volver á aula o vindeiro luns.