Detido un home por abusos sexuais á filla de 12 anos da súa parella en Viveiro

Actualizado: lunes, 21 octubre 2019 12:23

   LUGO, 21 Oct. (EUROPA PRESS) -

   A Policía Nacional procedeu á detención en Viveiro (Lugo) dun home de mediana idade, que non é oriúndo desta localidade mariñense, por abusar sexualmente en diversas ocasións da filla de 12 anos da súa parella.

   Segundo informou a Policía Nacional, o individuo aproveitaba a ausencia da súa parella cando esta traballaba e "realizaba os feitos aproveitando a relación de superioridade que lle unía coa menor", destacan as mesmas fontes.

   Após ser denunciados os feitos, a Brigada Local de Policía Xudicial da Comisaría de Viveiro realizou as xestións para a localización do presunto autor, xa que se atopaba fóra do país e foi detido ao seu regreso a territorio nacional.

   O home arrestado foi posto a disposición da autoridade xudicial, que decretou o seu ingreso en prisión.