Dous novos falecementos elevan a 2.483 as vítimas mortais da Covid en Galicia

Publicado: jueves, 5 agosto 2021 20:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Ago. (EUROPA PRESS) -

O número de vítimas mortais ligadas á pandemia de Covid en Galicia ascendeu este xoves a 2.483, após notificar as autoridades sanitarias dous novos falecementos.

En concreto, a Consellería de Sanidade informou do falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus.

Unha delas faleceu o mércores, día 4. Trátase dun home de 93 anos, e produciuse no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

A outra morte, unha muller de 90 anos, rexistrouse na xornada deste xoves, en concreto no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. En ambos os casos, presentaban patoloxías previas.