Espazo Común faise con tres edís máis en Galicia, até 13, dous deles grazas á alza no Carballiño

Archivo - Arquivo - O fundador de Espazo Común, Pachi Vázquez
EP / REMITIDA - Archivo
Publicado: lunes, 29 mayo 2023 13:17

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 May. (EUROPA PRESS) -

   Espazo Común, o partido impulsado polo que fose secretario xeral do PSdeG Manuel 'Pachi' Vázquez, conseguiu 13 concelleiros nestas municipais, tres máis que os logrados nos comicios do 26 de maio de 2019.

   A candidatura encabezada polo propio Pachi Vázquez no Carballiño, localidade na que foi alcalde co Partido Socialista entre 1995 e 2005, logra dous edís máis, até o cinco. Neste municipio, o PSOE perde a maioría e cede tres edís, mentres que o PP sobe un.

   Ademais, Espazo Común logra obter un edil en Ames (A Coruña), onde a exportavoz socialista Luisa Feijóo encabezou a candidatura da formación impulsada por Pachi Vázquez despois de abanadonar o PSOE.