Evacuados en helicóptero tres tripulantes dun veleiro que quedou sen temón na costa de Oia (Pontevedra)

Helicóptero Pesca I
GARDACOSTAS - Archivo
Publicado: viernes, 25 septiembre 2020 20:50

   VIGO, 25 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Tres dos catro tripulantes dun veleiro tiveron que ser trasladadas no helicóptero 'Pesca I' de Gardacostas ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, despois de que a embarcación perdese o temón e quedase á deriva con mal tempo a media milla de Oia (Pontevedra).

   Segundo informan a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, o veleiro 'Lea María' emitiu un o aviso sobre as 17,30 horas da tarde deste venres, no que incidaba que as condicións meteorolóxicas na zona eran "bastante malas", con ondas de 2,5 metros e ventos de 22 nós.

   Ademais, o alertante indicaba que un dos tripulantes levara un golpe. Así, desprazouse até o punto o helicóptero de Gardacostas 'Pesca I', que desprazou ao ferido e a outras dúas persoas até o Hospital Álvaro Cunqueiro.

   Seguidamente, chegou ao lugar a 'Salvamar Mirach' para efectuar os labores de remolque do 'Lea María', co cuarto tripulante a bordo, até o porto de Cangas (Pontevedra).