Falece unha octoxenaria tras romper o cable do ascensor da súa casa de verán

Actualizado: viernes, 18 julio 2014 19:47
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Unha muller duns 80 anos de idade faleceu este venres no municipio coruñés da Pobra debido ás lesións causadas polo forte impacto que sufriu ao romper o cable do ascensor da súa casa de verán.

   Diso informaron a Europa Press fontes da Policía Local deste municipio, que detallaron que en suceso tivo lugar ás 11,50 horas nun edificio situado na Praza Cinco Rúas.

   Ata o lugar, ademais da Policía Local e a Garda Civil, trasladáronse os servizos de Urxencias Médicas, que trasladaron a muller ao hospital, onde faleceu debido ás lesións sufridas.