Farjas espera que Pachi Vázquez "reconsidere a súa posición e non siga cuestionando a boa praxe" na prescrición

Pilar Farjas Pachi Vázquez
EUROPA PRESS
Actualizado: jueves, 19 mayo 2011 0:22

VIGO, 18 May. (EUROPA PRESS) -

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, asegurou que espera que o secretario xeral do PSdeG, Manuel 'Pachi' Vázquez, "reconsidere a súa postura e non siga cuestionando a boa praxe da prescrición dos galenos de Galicia", unha vez que o líder dos socialistas galegos acusou á Xunta de incumprir o auto xudicial polo que queda sen efecto o catálogo de fármacos.

En declaracións aos medios en Vigo, onde a conselleira asistiu á inauguración do XVIII Congreso Nacional e XII Internacional de Medicina Xeral e Familia, afirmou lamentar que "sempre que algún dirixente do PSdeG fala do gasto farmacéutico e das políticas de Galicia sexa para posicionarse ao lado dos intereses das multinacionais farmacéuticas".

Así mesmo, tras acusar aos dirixentes dos socialistas galegos de posicionarse "en contra dos intereses da sanidade pública galega", asegurou que aínda se está á espera dunha "desculpa pública do secretario xeral do PSdeG, que acusou aos médicos galegos de venderse por 30 euros".

"Espero que reconsidere o seu posicionamento e non siga cuestionando a boa praxe na prescrición dos galenos de Galicia", concluíu a titular de Sanidade.