Feijóo condiciona o futuro do alcalde do Porriño á información que saia do ámbito xudicial

Alberto Núñez Feijóo comparecerá en rolda de prensa para dar conta dos asuntos t
XUNTA/Photographer: xoán crespo
Actualizado: jueves, 24 abril 2014 15:17

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, condicionou este xoves "o futuro" do alcalde do Porriño (Pontevedra), Nelson Santos, imputado -- con dous dos seus edís-- por suposto tráfico de influencias, malversación de caudais públicos, prevaricación e outras irregularidades, á información que transcenda do ámbito xudicial, como para "calquera cargo público do PPdeG".

Tras o Consello da Xunta, advertiu que Santos teñen que clarificar e explicar" calquera cuestión que lle reclame a Xustiza e, en concreto, instoulle a "despexar todas as dúbidas" que ten a Fiscalía en relación a supostas irregularidades na contratación de obras, servizos e persoal no concello que dirixe.

"Estaremos moi atentos á evolución do proceso", remarcou Feijóo, na mesma xornada na que o rexedor recoñeceu que a súa "única implicación" reside en chamar empresas do municipio "pedindo traballo para xente necesitada". En calquera caso, o alcalde defendeu que as contratacións se fixeron seguindo os procedementos legais.

Ademais, Nelson Santos, tamén candidato á presidencia do PP local no próximo congreso, insistiu en que todos os seus concelleiros gozan da súa confianza e que tamén el ten o respaldo do seu partido, o PP. "Presentarei a miña dimisión o día que Deus non me dea vida, o día que un xuíz me inhabilite ou o día que o pobo de O Porriño decida que xa non sigo", subliñou.

Preguntado sobre estas palabras do alcalde relativo a que conta co apoio do partido, Feijóo evitou pronunciarse e alegou que "descoñecía" a información. En canto ao congreso do PP local, o líder autonómico dos populares, que acode só a algúns conclaves municipais, sinalou que "non" o ten "en axenda".

VIAXE DE LOUZÁN

Por outra banda, preguntado pola viaxe do presidente da Deputación de Pontevedra, o popular Rafael Louzán, a Arxentina para presentar un libro sobre os centros da emigración pontevedresa en Bos Aires, Feijóo replicou que "non coñece" a axenda de cada mandatario do PP e que, en consecuencia, "non" ten "valoración" ao respecto.

"Non sei nin o título do libro que presentou nin o autor, estou convencido de que na deputación hai órganos de control que lle poderán contestar", trasladou ao xornalista que se interesara por coñecer a súa opinión sobre este desprazamento de Louzán.