Feijóo: "A prioridade é a seguridade na saúde; cada vez que teñamos que tomar decisións, tomarémolas"

Feijóo nun mitin.
PP DE GALICIA
Publicado: domingo, 5 julio 2020 15:01

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, proclamou este domingo que "a prioridade número uno é a seguridade na saúde pública" e garantiu que, se ten que tomar decisións, farao e non lle tremerá "o pulso".

   "Cada vez que teñamos que tomar decisións, tomarémolas", advertiu, nun contexto aínda marcado pola pandemia, e no que Galicia rexistrou dous rebrotes, un no Barbanza e outro na Mariña lucense, onde hoxe se anuncio o peche dos accesos.

   Nun acto electoral de Santiago, a falta dunha semana para a cita coas urnas do 12 de xullo, Feijóo prometeu que a Xunta seguirá "traballando co mesmo rigor, disciplina e seriedade" para "tomar todas as decisións necesarias para preservar a saúde dos galegos".

   "A prioridade número uno é a seguridade na saúde pública. Cada vez que teñamos que tomar decisións, tomarémolas", proclamou, despois de lembrar que, do mesmo xeito que no conxunto de España, mentres que non haxa unha vacina, en Galicia "seguirá habendo problemas" a causa do coronavirus.

   Finalmente, garantiu que el non vai dubidar "" nin a "circunvalar" os problemas, senón que cando sexa preciso tomar unha decisión, farao sen que lle trema "o pulso". "Non nos tremeu o pulso e non nos vai a tremer agora", resolveu.