Ferido de gravidade un home tras pasarlle por riba a roda dun tractor nun taller en Touro (A Coruña)

Publicado: miércoles, 8 abril 2020 19:53

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Abr. (EUROPA PRESS) -

Un operario resultou ferido de gravidade tras pasarlle por encima a roda dun tractor nun taller situado no municipio de Touro, na provincia da Coruña.

O 112 tivo constancia dos feitos sobre as 13,00 horas. En concreto, o suceso rexistrouse nun taller situado no lugar da Xesteira, na parroquia de Bama.

O persoal sanitario do 061 alertou do sucedido ao servizo de Emerxencias que mobilizo até unha zona próxima o helicóptero medicalizado con base en Santiago, no que o ferido foi trasladado a un centro hospitalario.

Tamén se pasou o aviso á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.