Ferido un home após envorcar un camión sobre o seu vehículo en Santa Comba (A Coruña)

Actualizado: lunes, 25 marzo 2019 13:14

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Mar. (EUROPA PRESS) -

   Un home de 40 anos resultou ferido de consideración este luns ao envorcar un camión de transporte de madeira encima do turismo que conducía no termo municipal de Santa Comba (A Coruña).

   Segundo informou o 112 Galicia, este accidente ocorreu sobre as 10,15 horas deste luns, na estrada que une as localidades coruñesas de Santa Comba e Zas, á altura do punto quilométrico 3 da estrada AC-404.

   Foron os servizos sanitarios de urxencia os que comunicaron ao 112 Galicia que o helicóptero medicalizado en base a Santiago desprazábase até o punto.

   Por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse da situación aos Bombeiros de Santa Comba, aos axentes da Guardia Civil de Tráfico, da Policía Local e Protección Civil da localidade.

   Segundo indicou a Policía Local ao 112 Galicia, finalmente, a persona puido saír polos seus medios do interior do vehículo, polo que se descartou o uso do material de excarceración.

   O 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial, ao equipo sanitario do centro de saúde de Santa Comba e o helicóptero medicalizado que levou ao complexo hospitalario de Santiago ao home ferido, P.B.E., de 40 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.