Feridos un adulto e un menor tras saírse da vía e envorcar o seu vehículo en Rois (A Coruña)

Coche envorcado en Rois.
@HELICOSANTIAGO
Publicado: domingo, 5 mayo 2024 18:10

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 May. (EUROPA PRESS) -

   Dúas persoas, unha adulta e unha menor, resultaron feridas tras saírse da vía e envorcar o vehículo no que viaxaban na CG-1.5 ao seu paso polo municipio coruñés de Rois.

   Segundo informou o 112, o suceso produciuse ás 14,40 horas deste domingo e foi un particular o que alertou dunha saída de vía, que podía haber persoas atrapadas e que no accidente había unha persona menor implicada.

   Por iso, a central de emerxencias mobilizou a Urxencias Santiarias de Galicia-061 que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, ao GES de Boiro, aos Bombeiros de Boiro e á Garda Civil.

   Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron que no incidente había dúas persoas feridas: un menor que xa o sacaron do vehículo e un adulto que tiña diversas contusións e que non tivo que ser excarcerado.

   Aínda que o helicóptero estaba no lugar, as dúas persoas foron trasladadas en ambulancia o centro hospitalario de referencia.

Contador