Un home acusado de matar a outro cravándolle un coitelo nunha rúa da Coruña recoñece os feitos

Publicado: martes, 23 octubre 2018 15:01

   A Fiscalía pídelle 12 anos de prisión

    A CORUÑA, 23 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Un home acusado de matar a outro cravándolle un coitelo nunha rúa da Coruña durante a madrugada do día 10 de novembro de 2017 recoñeceu que o matou.

   "Recoñezo os feitos e non teño máis nada que dicir", limitouse a declarar o home, que se enfronta a unha pena de 12 anos de prisión por un delito de homicidio, no xuízo que se celebra con xurado popular na Audiencia Provincial da Coruña.

   Os feitos, segundo relata o Ministerio Público, ocorreron sobre as 5,30 horas do día 10 de novembro de 2017, cando o acusado, A.C.L., "cravou un coitelo en repetidas ocasións" á vítima e ocasionoulle feridas no tórax.

FERIDA MORTAL

   "O acusado agrediu a E.M. coa intención de acabar coa súa vida ou, en calquera caso, aceptando a posibilidade de que morrese", sostén a Fiscalía.

   "Unha das feridas penetrou no costado esquerdo, lesionou o pulmón, o diafragma, a glándula suprarrenal esquerda e finalmente a aorta abdominal, provocándolle unha hemorraxia abdominal masiva e a morte por shock hemorrágico", continúa o escrito do Ministerio Público.

   Por estes feitos, tanto a Fiscalía como a acusación particular piden 12 anos de prisión para o acusado. O xuízo continuará este mércores na Audiencia Provincial da Coruña.