Imputados tres supostos autores de incendios forestais

Actualizado: viernes, 25 julio 2014 12:49
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A Policía Autonómica procedeu á imputación do autor dun incendio forestal no concello coruñés da Baña, así como á doutras dúas persoas pola súa suposta implicación noutro lume no municipio lucense de Begonte.

   Os lumes foron intencionados e en ambos casos necesitaron da actuación do persoal de extinción de incendios da Xunta para evitar que o dano fose maior. Na actual campaña contra os incendios xa son 68 as persoas detidas por delitos relacionados con lumes forestais.

   No caso da Baña, o incendio aconteceu o pasado venres 18 de xullo na parroquia de Ermida, posiblemente causado de xeito intencionado para a limpeza dun terreo propiedade do imputado. No lume resultou afectada unha superficie de 340 metros cadrados de monte raso.

   Pola súa banda, en Begonte as lapas afectaron a parroquia de Cerdeiras o pasado luns 14 de xullo e calcinaron unha extensión de 300 metros cadrados de matogueira. A Policía Autonómica de Lugo estima que o incendio foi intencionado e que presentaba un total de catro puntos de inicio illados entre si, que finalmente non lograron comunicarse grazas á intervención dos servizos de extinción.

   En ambos incendios desprazáronse ata o lugar dos feitos o persoal de extinción de incendios da Xunta, que actuaron nos labores de extinción dos lumes para evitar que as lapas se propagasen máis e o dano fose maior.