Os indicios de Pazos de Borbén "responden ao patrón" de violencia de xénero, pero falta a autopsia

Juárez presenta el balance sobre criminalidad en Galicia
Foto: DELEGACIÓN DEL GOBIERNO
Actualizado: miércoles, 30 julio 2014 15:11
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

A CORUÑA, 30 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, avogou por esperar a que finalice a autopsia que se está a realizar o matrimonio de octoxenarios achados mortos este martes en Pazos de Borbén (Pontevedra) para "confirmar" se se trata dun caso de violencia de xénero.

   "Os indicios que aprecia a Garda Civil responden a ese patrón, se ben se está a investigar e non hai unha conclusión definitiva", respondeu a preguntas dos medios nunha rolda de prensa na Delegación do Goberno.

   Juárez explicou que aínda "se están a practicar probas". "Concretamente, non se finalizou a autopsia dos cadáveres", polo que "non hai conclusión definitiva e temos que esperar para confirmalo", engadiu.

   En relación coa idade do matrimonio, dixo que "sempre é condenable e non é desculpable en ningunha circunstancia", ao tempo que animou a denunciar ante calquera episodio de violencia.

SERÍA A QUINTA VÍTIMA EN GALICIA

   De confirmarse que o de Pazos de Borbén se trata dun caso de violencia de xénero, esta sería a quinta vítima mortal rexistrada en Galicia no que vai de ano por esta causa e a número 32 en España.

   O cadáver da muller foi atopado nunha poza de auga na rúa, ao lado dun lavadoiro público que hai próximo á vivenda do matrimonio. Era veciña de Pazos de Borbén e tiña de 81 anos de idade. Pola súa banda, o seu marido, de 79 anos de idade, apareceu aforcado nun alpendre anexo á residencia familiar.

   Tanto a Gardia Civil como o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) xa sinalaron que non hai constancia de que a vítima presentase denuncias previas.