Localizan con vida enterrado en barro ao septuaxenario desaparecido no Barco (Ourense)

Actualizado: jueves, 20 noviembre 2014 18:37

OURENSE, 20 Nov. (EUROPA PRESS) -

O septuaxenario desaparecido dende a noite do mércores no termo municipal do Barco (Ourense) foi localizado este xoves con vida enterrado en barro.

Segundo informaron fontes do dispositivo, o home, de 78 anos de idade, foi achado no quilómetro 46 da estrada N-536 en Coedo, no termo municipal do Barco.

O homes estaba enterrado en barro ao lado dunha lousa cando foi atopado por axentes da Garda Civil que participaban no dispositivo de busca.

A familia perdéranlle a pista a este veciño de Viloira, que padece a enfermidade de Alzheimer, sobre as 23,30 horas do mércores tras saír do bar que rexenta a súa familia.