SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Feb. (EUROPA PRESS) -
En Marea insta á Xunta de Galicia a solicitar "de inmediato" nos xulgados a nulidade da adquisición do Pazo de Meirás por parte do ditador Francisco Franco.
A formación presentou unha proposición non de lei no Parlamento a través da que a súa viceportavoz, Antón Sánchez, sinala que "a simulación fraudulenta da compra do pazo feita por Franco é nula dunha forma radical".
"Por iso rexistramos unha iniciativa onde instamos á Xunta a que abra a vía civil para declarar como tal esta operación", expón, facéndose eco das propostas do alcalde de Sada.
Sánchez espera que a iniciativa "sexa apoiada por todos os grupos", xa que, segundo subliña, trátase dunha cuestión "de dignidade democrática".
O trámite polo civil, segundo engade, debe levar aparellada a súa "anotación preventiva no rexistro da propiedade aos efectos de público coñecemento por terceiros". En Marea tema que unha "hipotética transmisión a posibles compradores suporía unha dificultade engadida para a súa incorporación ao patrimonio mesmo no caso de que prosperase a acción de nulidade que se poida presentar ante os xulgados".