Miles de persoas maniféstanse en Galicia en demanda de "mellores salarios" e "traballo digno"

Manifestación no Primeiro de Maio convocada pola CIG
CIG
Actualizado: miércoles, 1 mayo 2024 13:54

A CORUÑA, 1 May. (EUROPA PRESS) -

Miles de persoas saíron ás rúas en distintas localidades galegas nas manifestacións convocadas polas organizacións sindicais no Primeiro de Maio, con actos centrais na Coruña na convocada por UXT e CCOO, de forma unitaria nesta cidade, e pola CIG.

A primeira foi nunha protesta que partiu da praza da Palloza até a de Ourense, onde está a sede da Delegación do Goberno en Galicia, en defensa do "pleno emprego, a redución da xornada e mellores salarios". Foi nunha mobilización cunhas 5.000 persoas, segundo os convocantes, e unhas mil, dacordo coas cifras da Policía Local.

En declaracións aos medios, o secretario xeral de UXT en Galicia, José Antonio Gómez, considerou imprescindible "avanzar" de cara á redución da xornada ás 37,5 horas e tamén en mellorar os salarios.

"Avanzamos en dereitos neste seis anos cunha reforma laboral, pero non chega", aseverou en liña co manifestado pola secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, quen pediu tamén abordar cuestións como os contratos a tempo parcial, "un sector con alta feminización". "Hai marxe para subir os salarios", sinalou tamén.

Pola súa banda, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, reivindicou "traballo digno" e frear o "aumento a cifras escandalosas" da contratación a tempo parcial nunha manifestación con case mil persoas, segundo a Policía Local, e 3.000, segundo o sindicato.

Contador