Manifestación de los trabajadores de la multinacional Alcoa en A Coruña, Galic
M. Dylan
Actualizado: sábado, 20 octubre 2018 13:03

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Miles de persoas maniféstanse desde as 11,00 horas deste sábado na Coruña para esixir a retirada do ERE extintivo presentado pola multinacional do aluminio Alcoa e que supón o peche das factorías desta cidade e de Avilés e a destrución de preto de 700 empregos directos.

   Após a pancarta 'Estabilidade enerxética, futuro para a industria xa', os manifestantes avanzan cortando o tráfico pola Avenida de Linares Rivas cara á Delegación do Goberno, entre sons de gaitas, petardos, bengalas e consignas de 'Isto é a guerra, Alcoa non se pecha'.

   O presidente do Comité de Empresa de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, situou como "primeira premisa" que a empresa retire o ERE de extinción porque "non pode impor esta solución sen negociación" e defendeu que as plantas son produtivas "máis aló do que manipula Alcoa".

   Os traballadores de Alcoa na Coruña contan co apoio na manifestación dos operarios das plantas de Avilés e San Cibrao, en Cervo (Lugo), así como de representes políticos de PPdeG, En Marea, PSdeG, BNG e Podemos.

Más noticias