Morre un motociclista nun choque cun turismo en Dumbría (A Coruña)

Publicado: domingo, 9 agosto 2020 16:27

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Ago. (EUROPA PRESS) -

   Un motociclista faleceu este domingo ao chocar a moto que conducía cun turismo no municipio coruñés de Dumbría, informaron fontes da Garda Civil e do 112.

   O accidente produciuse ao redor das 14,15 horas no quilómetro 1,800 da estrada AC-442, ao seu paso pola localidade da Farrapa, e, a consecuencia do impacto, o condutor e único ocupante da moto morreu. Os membros dos servizos de urxencias desprazados ao lugar só puideron confirmar o falecemento.

   A persona que viaxaba no turismo implicado no choque resultou ilesa, apuntan as mesmas fontes, que indicaron que interviñeron no lugar dos feitos os bombeiros de Cee, Protección Civil de Dumbría e operarios de mantemento.