Morre un motorista ao chocar cun coche en Quiroga

Publicado: martes, 7 mayo 2024 20:16

   LUGO, 7 May. (EUROPA PRESS) -

   Un motorista faleceu esta tarde de martes ao chocar contra un coche na estrada LU-933, á altura a parroquia de Nocedo, no municipio de Quiroga (Lugo).

    Segundo informa o 112 Galicia, sobre as 18,10 horas un particular deu aviso do accidente. Até o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, pero só puideron confirmar o falecemento.

    O suceso tivo lugar no quilómetro 31 da LU-933. Foron avisados 061, membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel e Garda Civil de Tráfico.

   Pola súa banda, os efectivos do GES realizaron tarefas de limpeza do asfalto para poder circular pola vía.

Contador